Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares

312971-620-282
Foto extraída de: http://www.20minutos.es/noticia/2793494/0/carlos-casares-sera-autor-homenajeado-letras-galegas-2017/

En continuidade co que fixemos neste blog o ano pasado neste artigo, hoxe, como cada 17 de maio, toca falar do/a homenaxeado/a escritor/a en lingua galega que considerou a RAG conmemorar neste ano 2017. Neste ano, toca falar de Carlos Casares.

Carlos Casares Mouriño (Ourense, 24 de agosto de 1941 – Vigo, Pontevedra, 9 de marzo de 2002) foi un escritor moi prolífico tanto en galego como en castelán, en moi diferentes disciplinas literarias e formatos, e con obras destinadas para moi diferentes tipos de público. Ademais, foi asiduo colaborador en moi diferentes xornais tanto en galego como en castelán, e foi presidente ou director, entre outras institucións, da Editorial Galaxia, a revista Grial, e o Consello da Cultura Galega. Podería aquí tratar de citar todas as obras deste autor, mais penso que non o vou facer mellor que outros moitos que xa o fixeron, polo que ó final deste artigo, deixarei uns cantos de tantos enlaces con esa información, ademais de outras informacións ó redor deste escritor.

Por outro lado, tiven a sorte de poder asistir, fai moitos meses, no C.M.U. San Clemente de Santiago de Compostela, a unha charla sobre a súa figura que deu un dos seus fillos, Hakan Casares Berg. Nesa charla, Hakan afondou no Carlos Casares máis persoal. Entre outras moitas cousas, contou a historia de cómo se coñeceron Carlos Casares e a súa muller (e nai de Hakan Casares Berg): a tamén escritora e intelectual Kristina Berg (de orixe sueca), ademais de destacar o carácter conciliador, tranquilizador e afable de seu pai, ademais de destacar, dentro dos seus amplos gustos musicais, o seu gusto polo jazz.

Pola miña parte, pouco máis teño que engadir. Simplemente dicir que con este artigo, quero sumarme ás homenaxes que se lle teñen dedicado (e se lle dedican hoxe, e se lle van dedicar no futuro) a este escritor e en xeral, ás letras galegas. Un saúdo.

Simón de Eiré

Máis información:

http://fundacioncarloscasares.org/biografia/

http://fundacioncarloscasares.org/bibliografia-de-carlos-casares/

http://fundacioncarloscasares.org/bibliografia-sobre-carlos-casares/

http://fundacioncarloscasares.org/reconecementos-e-homenaxes/memoria-dos-amigos/

http://elpais.com/diario/2002/03/10/cultura/1015714804_850215.html

http://elpais.com/autor/carlos_casares/a

http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CarCasar&alias=Carlos+Casares

http://www.abc.es/20120704/comunidad-galicia/abcp-fallece-kristina-berg-viuda-20120704.html

http://www.20minutos.es/noticia/2793494/0/carlos-casares-sera-autor-homenajeado-letras-galegas-2017/

http://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/o-dia-das-letras-galegas-de-2017-estara-dedicado-a-carlos-casares?redirect=http%3A%2F%2Facademia.gal%2Finicio%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_m2gF%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D4%26_101_INSTANCE_m2gF_advancedSearch%3Dfalse%26_101_INSTANCE_m2gF_keywords%3D%26_101_INSTANCE_m2gF_delta%3D10%26_101_INSTANCE_m2gF_cur%3D8%26_101_INSTANCE_m2gF_andOperator%3Dtrue

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s